Navegación 🏃 Xogos na rúa · 5º 🎒 Mochilas saudables · 5º 🧒 SdA 4º curso 💡 SdAs propostas 📚 Competencial MAT 🧮 Avaliación MAT
SdAs propostas · 5.º Matemáticas

Propostas de
situacións de aprendizaxe.

O documento competencial de matemáticas propón retos reais que conectan as UDs coa vida da escola. Cada SdA integra varias áreas arredor dun problema; a continuación tes as propostas e unha desenvolvida con 8 sesións exemplo (decimais).

9
SdAs propostas
5
Retos transversais
4
Ligadas a UD
8
Sesións desenvolvidas

RETOS TRANSVERSAIS 5 situacións ao redor da escola

🎒
OBX71º T

Mochilas saudables

"Canto pesan as nosas mochilas? É saudable?"
SaberesPeso/masa · %. Comparar peso propio vs peso mochila. Regra 10% recomendación OMS.
Comp. clave: STEM3-5 · CPSAA · CC · CE · Ligado a: Unidades de medida
📋 Proposta Ver CAs
🔊
OBX71º T

Ruído na escola

"Canto ruído hai no noso patio? Afecta á aprendizaxe?"
SaberesMedición con decibelímetro · estatística (media, moda) · gráficos. Liñas de acción.
Comp. clave: STEM1-3 · CD · CPSAA · CE · Ligado a: Estatística
📋 Proposta Ver CAs
🌡️
OBX82º T

Cambio climático no patio

"Que temperatura fai no patio nos diferentes recunchos?"
SaberesMedidas de tempo · temperatura · gráficos de liñas · estatística climática · sombras e áreas.
Comp. clave: STEM · CD · CPSAA · CE · CCEC · Ligado a: Magnitudes + Estatística
📋 Proposta Ver CAs
🌱
OBX12º T

Horto + alimentación

"Podemos abastecer parte da cantina co noso horto?"
SaberesFraccións · decimais · proporcionalidade · superficie do horto · peso colleita · rendibilidade.
Comp. clave: STEM1-4 · CPSAA · CE · CCEC · Ligado a: Fraccións / Decimais / Proporcionalidade
📋 Proposta Ver CAs

LIGADAS A UD 4 microSdAs de aula

🛒
OBX12º T

As mates na tenda e patio sostible

"Deseñamos un patio sostible aplicando proporcionalidade."
Saberes · UD2Proporcionalidade · regra de 3 · figuras planas · perímetros · áreas.
Comp. clave: STEM · CPSAA · CE · CCEC · Referencia Proporcionalidade + Polígonos
📋 Proposta Ver CAs
⏱️
OBX13º T

Empresarios por un tempo

"Calculamos o tempo da nosa xornada escolar e rendibilizámolo."
Saberes · UD3Unidades de tempo · equivalencias · operacións con tempo · instrumentos de medida.
Comp. clave: STEM · CD · CE · Ligado ao reto "mochilas saudables" + magnitudes
📋 Proposta Ver CAs
📊
OBX13º T

Análise estatístico da escola

"Facemos un informe de datos sobre a nosa escola."
Saberes · UD4Táboas · frecuencia · moda · media aritmética · gráficos.
Comp. clave: STEM · CD · CCL · CE · Ligado á SdA Ruído ou Xogos/Pantallas
📋 Proposta Ver CAs
SDA DESENVOLVIDA · DECIMAIS

💼 Grupo empresarial

OBX1 2º Trimestre UD1 · DECIMAIS
Reto: o alumnado, por tríos, monta unha "empresa" que vende un produto ou servizo na escola (papelería, cafetería solidaria, torneo, aluguer de xogos). Para poder operar teñen que dominar os decimais: lectura, escritura, comparación, operacións e relación con fraccións/% — as mesmas que aparecen nas UDs 1 e 2 do documento competencial.
🎯 OBX principais
  • OBX1 · Interpretar situacións
  • OBX2 · Resolver problemas
  • OBX6 · Comunicar resultados
📏 CAs vinculadas
CA1.2CA2.2CA2.3CA2.4CA2.5CA2.6CA2.7CA2.8
📚 Saberes (UD1)
  • Lectura e escritura decimais
  • Comparación e ordenación
  • Redondeo
  • Fracción ↔ decimal ↔ %
  • Suma, resta, × e ÷
🧠 Competencias clave
  • STEM1-4
  • CD1-3
  • CE1-3
  • CPSAA4-5

🗓 8 sesións exemplo

1

Arranque · fundamos a empresa

Cada trío elixe produto/servizo, nome e mercado. Primeiros prezos "a ollo" en €. Dilema: canto vale realmente?
CA1.2CA2.1CA6.3
2

Lectura e escritura de decimais

Preceiros e tickets reais. Ler en voz alta (3,75 €, 0,08 €...). Escribir valores en forma decimal coa súa parte enteira e decimal.
CA2.7CA2.8
↗ Abrir folla de sesión
3

Comparación e ordenación

Comparar prezos entre competidores: 0,9 € vs 0,85 € (trampa clásica). Ordenar catálogos do máis barato ao máis caro.
CA2.2CA2.5
4

Decimais, fraccións e porcentaxes

Descontos (50% = 0,5 = 1/2). Ofertas "2x1" e "3x2" expresadas como fracción, decimal e %. Intercambio de formatos.
CA1.2CA2.5CA2.6
↗ Abrir folla de sesión
5

Suma e resta de decimais

Contabilidade do día: ingresos - gastos = beneficio. Ticket completo con varios artigos e troco. Colocar a coma, encolumnar.
CA2.2CA2.3CA2.4
↗ Abrir folla de sesión
6

Multiplicación de decimais

Canto custan 12 unidades a 0,75 €? × por 10, 100, 1000 (cambio prezo por mercado maior). Decimal × decimal.
CA2.3CA2.5
↗ Abrir folla de sesión
7

División de decimais

Prezo unitario dun pack, reparto de beneficios por socios, división por unidade seguida de ceros. Redondeo.
CA2.3CA2.4CA2.7
↗ Abrir folla de sesión
8

Produto final · feira da empresa

Cada trío presenta: catálogo con prezos, conta de resultados e informe de ingresos/gastos. Autoavaliación con rúbrica.
CA1.2CA2.4CA2.8CA6.3
↗ Abrir folla produto final